Menu

sábado, 13 de octubre de 2018

EXCURSIÓN AO SANTUARIO DO CORPIÑO

Na xornada do sábado 13 de outubro, e acompañados dun grupo de irmáns da parroquia de Santa María de Simes, tivemos a excursión - peregrinación ao Santuario da Nosa Señora de O Corpiño, en Lalín.

Tivemos ocasión de disfrutar das maravillas do Pazo de Oca, no Concello da Estrada; compartir unha comida de confraternidade, e celebrar unha eucaristía no Santuario. Agradecemos ao Rector do Santuario, D. José Criado Sánchez, a acollida, así como tódalas facilidades dadas para esta xornada.